¿ Queres facer unha curtametraxe? ¿ Queres aprender a dirixir? ¿Tes vocación de actor? ¿Queres organizar un concurso de curtametraxes? ¿ e unha mostra?

 

Vigo unha e dez é un proxecto de Participación xuvenil de mozos/as interesados no mundo das curtametraxes co que pretendemos formarnos en temas relacionados co audiovisual e sacar adiante un proxecto común que ten como escenario Vigo, e que reflexione sobre o lecer xuvenil e o lecer nocturno. Comezamos en xaneiro de 2009

O proxecto xira en torno a un curso curso/obradoiro no que construimos 9 curtametraxes de algo máis de 1 minuto sobre o que ocorre ou pode ocorrer en Vigo a 1 e 10, un concurso a de curtametraxe aberto a mozos e mozas e unha mostra final ala polo mes de setembro na que presentar os nosos  traballos e aqueles que se presenten ao concurso.

Proceso de participación

O proxecto é moito máis que un curso; é unha proposta de participación a construir entre todos os inscritos. Neste momento somos preto de 50 os mozos/as que están participando activamente nas diferentes partes do proxecto. A pretensión final é construir entre todos unha plataforma estable que teña continuidade no tempo con este ou outros proxectos similares.

O proxecto segue aberto a participar a tódolos interesados/as. Neste momento os cursos xa remataron, está aberta a participación no Festival de setembro e xa en breve para a proposta de actividades do vindeiro curso.

Os organizadores

 Vigo1:10 está organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo e a Asociación Xuvenil Abertal. O proxecto  nace en Abertal promovido por un colectivo de mozos/as de entre 15 e 18 anos a raíz da realización de dúas curtametraxes: Okupado e Hacia la Segunda Estrella a la Derecha.

 

 

 
  
 Logo abertal