|
![]()
BALANCE E PREMIADOS NA EDICIÓN DE 2009
O proxecto Vigounhaedez culminou na súa primeira edición a fin de semana do 26 e 27 de setembro co festival. Ao longo dos dous días proxectáronse 30 das 63 curtametraxes que participaron no concurso, realizáronse diferentes obradoiros de Vídeo Low Cost, Interpretación e guión e dirección, tivemos un encontro entre profesionais do cine e os participantes do proxecto e realizamos dúas galas, unha de entrega de premios
O “glamour” no festival non o puxeron os profesionais que nos visitaron: Jorge Coira, Antonio Pereira e Luis Tosar, nin tan sequera as autoridades que participaron na gala de entrega de premios: o Tenente Alcalde do Concello de Vigo Santiago Domínguez e a Concelleira de Xuventude Iolanda Veloso, ... senón que foi o “fotocall” polo que pasaron e posaron tódolos participantes do proxecto e das que podedes ver as fotos na web de Abertal. Os premios do concurso foron para a curtametraxe “Putas” de De Ignacio Acconcia e unha mención especial do xurado á película “Mazas e Mandarinas” de Pablo Giraldo. Dende a organización aínda non avaliamos, pero penso que a valoración xeral é moi positiva, tanto pola participación como pola implicación... e do resultado final, as curtas de Vigounhadez... sen palabras. Falan por si mesmas. |





