|
![]() FESTIVAL DE CURTAMETRAXES XUVENIL
O festival de Curtametraxes Vigounhaedez nace no contexto dun proxecto de participación xuvenil no que un grupo de mozos e mozas de entre 15 e 30 anos de Vigo vimos participando durante todo este ano. a idea do festival xorde para constuir un espazo de encontro no que xuntarnos xente moza que estamos empezando no audiovisual para coñecernos, ensinar o que estamos facendo, aprender uns de outros e sobre todo pasalo ben facendo algo que nos gusta... cine. Trátase da primeira edición, e queremos que serva como punto de arranque de novos proxectos e propostas. A participación nas diferentes ofertas está aberta a tódolos interesados/as, atendendo as limitacións de aforo de cada actividade. Infórmate do proxecto e participa.
Actividades e programa
Entre as actividaes do festival diferenciamos:
Aquí podes descargarte o programa completo.
Os organizadores Vigo1:10 está organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo e a Asociación Xuvenil Abertal. O proxecto nace en Abertal promovido por un colectivo de mozos/as de entre 15 e 18 anos a raíz da realización de dúas curtametraxes.
Grazas aEste proxecto é posible grazas a colaboración de moitas persoas, dende os participantes dos obradoiros, a comisión organizadora, os membros do xurado, os que asesoraron durante o proceso... pero en especial queremos destacar a colaboración do CINE SALESIANOS, sen o cal non sería posible este festival. |




